mércores, 21 de novembro de 2018

Textos publicitarios. Tarefa.


1. Le con atención a seguinte información:



2. Observa con atención as seguintes imaxes. Elixide unha por parellas.


Kody Street, Margarita Pardo de Cela, nº 8
Oxigeno Surf Shop, Margarita Pardo de Cela 2

Kody  store, M. Pardo de Cela


Bazar chinés Don Chollo, Avda. Benito Galcerán, 20
Óptica Casariego, Pastor Díaz, 2
Zapaterías Albo, M. Pardo de Cela, 19
Prolavi Viveiro, Avenida Cantarrana 12 (Fot. Emma)
3. Comentario da imaxe. Axúdate das seguintes cuestións antes de redactalo.

  • Que tipo de texto  é? É publicitario? De que tipo?
  • que produto vende?
  • A que muller / home vai dirixido?
  • Que status ten o consumidor destes produtos?
4. Entrega do comentario en papel.


domingo, 4 de novembro de 2018

Proba á vista!


Cando? Atención, queridos alumnos! Tendes traballo para esta semana. O mércores día 7 de novembro debedes entregarme esta proba. 

📝📝📝📝

Como? É peciso que a imprimades e que a entreguedes debidamente identificados. A proba vese mellor no ordenador ou con cor polo que debedes facer vós as copias (na casa ou nunha fotocopiadora) Tedes tempo de sobra. 
Lede ben as preguntas e a contestalas con corrección, tendo en conta que as faltas descontan.

📝📝📝📝

Por que? Porque é un bo xeito de saber como fago as probas e ides quentando motores para a proba dos días 8 e 9. Esta proba contará como proba de avaliación inicial.

➽ Proba en formato pdf para descargar aquí.







xoves, 25 de outubro de 2018

A paga aos fillos. Expresión escrita

Peto
📘Na lectura desta semana sae o tema da paga aos fillos. Imos facer unha reflexión sobre este tema. 
Hai opinións para todos os gustos: uns prefiren paga e outros non, uns alumnos téñena e outros non reciben nada, agás en datas concretas. Plantéxase o feito de que as pagas poden axudar a que aprendan a xestionar os seus cartos e a valorar a  cultura do esforzo. Nunca estará asociada ás tarefas cotiás da familia, que non se negocian: facer a cama, axudar a recoller a mesa,...

Redacta un texto sobre este tema no procesador de texto e súbeo aos comentarios desta entrada. Non esquezas o que estamos a ver sobre os textos escritos:

  • Texto é un tecido de palabras que se xuntan en frases. Estas dan lugar ás oracións.
  • As oracións van separadas entre si por punto e seguido, dentro do mesmo parágrafo.
  • Os parágrafos recoñécense porque van separados por punto e á parte.
Revisa acentos e léxico.

domingo, 21 de outubro de 2018

Lectura:"A ración de Amadou". Tarefa escrita.



 Queridos "pitufos" imos facer un escrito nos nosos flamantes ordenadores novos que tanto vos gustan.
Xa hai días que fixemos a lectura do Tema 1 pero por falta de EDI e ordenadores non puido ser e facemos agora este traballo.Logo se rele o texto.

? En que consiste ? Consiste en escribir un texto que será unha reflexión persoal sobre o seguinte tema:

"Tirar comida e desperdiciar alimentos é un xeito de roubar aos pobres"

? Como o teño que facer?
  • No procesador de texto do ordenador.💻
  • Unha vez escrito copias o texto (Ctrl + C) e súbelo nesta entrada do blog.
  • Data límite:



📄Requisitos:
  1. Dous parágrafos
  2. Uso correcto de acentos, maiúsculas,puntuación...
  3. Corrección léxica ( débese consultar o dicionario )

💭Preguntas para axudarnos a reflexionar:
  • Teño o costume de desperdiciar os alimentos, protestar pola comida que me poñen na mesa, queixarme de todo o que non me gusta?
  • Son consciente de que no mundo hai rapazas e rapaces coma min que apenas poden facer unha comida ao día?
  • Son coidadoso/a  coa auga que gasto? Penso que é un ben escaso? 
  • Preocúpame a fame no mundo?
  • Son solidario cos pobres da nosa sociedade ou pola contra desprézoos como responsábeis da súa propia situación?

mércores, 19 de setembro de 2018

Quen somos e que falamos? Lingua oral.



1.
👨👩Presentación á aula.

2.
👀Visionado de vídeo:



3. 
📜 Tomamos unhas breves notas no caderno.

4.
📢Falamos


Segundo vídeo:





Reflexionamos


Que nos preguntamos?

1.Coñecías aos yanomamis?
2.Que nos chama a atención?
3.Terán lingua?
4.Terán escrita? Len xornais? Van á escola?
5. Que saberes dominan?

martes, 18 de setembro de 2018

Criterios de cualificación e caderno do alumno.



Comezamos o curso sen presa, pero sen pausa. Relaxados, pero querendo mellorar sempre.Os criterios de cualificación témolos sempre no caderno ao igual que a dirección do blog de aula: galegodosarmiento1.blogspot.com

Benvida a un novo curso!


domingo, 1 de xullo de 2018

Traballos de setembro.

Facer que!
Queridos alumnos e alumnas que xa estades de vacacións; xa sei que algún de vós non  sacou unha nota moi satisfactoria e son consciente de que o verán non é o mellor tempo para falar de materias. Inda así os días son moi longos e dan para todo. A maioría de vós non acadastes o aprobado non por facer mal un exame máis ou menos, senón por ir deixando os traballos que se vos ían pedindo día a día. É por iso que fago esta última entrada como unha pequena síntese do que podedes facer sen apuros e sen estrés ao longo de dous meses para entregar en setembro.


1. Ler, subliñar e resumir os seguintes textos:

PREME NO SEGUINTE ENLACE: TEXTOS


2. Facer un mapa visual  dun destes temas: animais, ferramentas ou medios de transporte.


3. Escribir dúas descricións:  o teu pobo no verán e o animal que máis che gusta.

4. Escribir un diálogo entre ti e un amigo ou amiga que marchou de vacacións e xa hai moito que non ves e botas de menos.

5. Ler un libro en galego no verán e contarme (oral,  en setembro) que che pareceu ese libro.

Moito ánimo e boas vacacións!

martes, 8 de maio de 2018

Proposta lectora para o 3º trimestre: Leonardo e os fontaneiros de Mª Victoria Moreno.

Estamos no Mes das Letras Galegas e inda que intentamos que o sexan todo o ano na nosa aula, este maio ímosllo adicar á autora homenaxeada este ano María Victoria Moreno. A novela Leonardo e os fontaneiros é boa mostra da intensa relación de María Victoria Moreno cos animais. A obra recibiu en 1985 o terceiro premio O Barco de Vapor e foi publicada en 1986 por Galaxia /SM con ilustracións de Mª do Carme Salgado.

TAREFAS



CALENDARIO


1. Foto e descrición da miña mascota.

2. Diálogo coa miña mascota.

xoves, 12 de abril de 2018

venres, 6 de abril de 2018

Traballo para subir nota!


Queridos alumnos, propóñovos un traballo para subir nota de cara á avaliación final e que quero que vexades como un xogo que sei que sodes capacer de facer.


🔊Tátase de documentarse un pouco: ver uns mapas e un vídeo curto en portugués que  amplíe un pouco os vosos coñecementos de Ciencias Sociais sobre unha época do noso pasado, ler uns textos que nos amplíen coñecementos de Ciencias Naturais e ao mesmo tempo nos axude na nosa materia e finalmente Coñecer os territorios que forman parte da comunidade lusófona.






LECTURA
  • Reino suevo (Galipedia) Lectura e audición do vídeo:


📕A comezos do século V, o Imperio Romano de Occidente experimentou unha grande inestabilidade militar, económica e política. Dende o centro de Europa (especialmente desde o territorio da actual Alemaña), numerosos pobos xermanos —suevos, saxóns, francos, alanos e outros— comezaron atacar os postos fronteirizos romanos no río Rhin, irrumpindo finalmente no Imperio o 31 de decembro do ano 406 e asentándose no seu interior polas armas, mais tamén grazas a pactos pacíficos.




Arredor do ano 409, dirixidos polo seu rei Hermerico, gran parte dos suevos (estímase que sobre 40.000 persoas) chegaron á provincia romana da Gallaecia, onde lograron instalarse mediante un posible pacto con Roma, decidindo establecer a súa capital na cidade de Bracara Augusta (Braga, Portugal). Este pacto chamado foedus permitía aos suevos gobernar a provincia da Gallaecia como un reino propio (Galliciense Regnum) mentres que estes aceptasen o emperador romano como o seu superior. 



O historiador galaico Hidacio narraba entón que os suevos foran ben recibidos pola poboación galaico-romana, pois aliviaron os impostos.
Galliciense Regnum





Audición (É conveniente escoitalo máis dunha vez):




🔎 CUESTIONARIO 



 

📌Lectura dun texto de Ciencias sobre a cova do rei Centolo. Destaca  as palabras clave e subliña o máis importante. Podes descargar o texto no enlace.

📌 VOCABULARIO DE XEOLOXÍA (Explicarán esta parte as profesoras de Ciencias)

.arxila .rochas calcáreas . erosión  .estalactita  .estalagmita  .galerías  .augas duras .carbonatos de calcio e magnesio .formacións lapiaces .mar de pedra


📌GALEGO VS. ASTURIANU. Textos para comparar as linguas:

https://gl.wikipedia.org/wiki/Cuarzo

https://ast.wikipedia.org/wiki/Cuarzu

Fíxate no seguinte:

Hai algunha grafía que non existe en galego? Algún  signo gráfico?
Cal é a terminación dos substantivos? 
Que adxectivos aparecen para cualificar o "cuarzu" ? Son iguais ao galego? Podemos entendelos?
Que formas do verbo "ser" aparecen?
O asturiano é unha lingua de España? É lingua oficial ou cooficial?


📌A LUSOFONÍA. Para facer o mapa visual estou preparando outra entrada de blog que sairá axiña.



http://teiaportuguesa.tripod.com/cacaaotesourolusofonia/recursosnarede.htm

Moito ánimo e a polo traballo!

xoves, 5 de abril de 2018

Comezamos co libro Chamádeme Simbad.


Fálame da emigración.


Queridos alumnos, o mércores 4 de abril foi o segundo encontro cos maiores dentro do programa Fálame da emigración. No primeiro encontro expuxeron as súas vivencias como emigrantes a países de Europa nos anos 50 e vós tivestes a oportunidade de dialogar con eles sobre a súa experiencia. Esta vez pídesevos que reflexionedes en grupos sobre as motivacións para emigrar e que  aporta ao país de ida e ao noso país a emigración.  Na entrada do centro temos unha exposición de fotografías sobre a emigración galega a distintos países e pedinvos como traballo un texto escrito por vós sobre unha fotografía da exposición. Partides do pé de foto que ledes con atención e vos aclara cousas e logo describides o que vedes. A foto ten que dar motivo para unha pequena reflexión sobre a emigración.

📷Imaxes para comentar: enlace Fundación Abanca Aquí elexides unha imaxe

Exemplo:

Virxinia (EE. UU.), 1982. Os investigadores españois Mariano Barbacid e Eugenio Santos xunto con outros colaboradores americanos que traballan no el Instituto Nacional do Cáncer dos Estados Unidos.

A imaxe suxire o seguinte comentario: 

Nos últimos anos a crise volve empuxar a moita xente nova cara ao estranxeiro, pero a emigración actual é moi diferente á das nosas avóas e avós: trátase dunha mocidade ben formada, que fala idiomas,con acceso ás comunicacións a través de Internet, e que en ocasións ocupa postos altamente cualificadose de carácter científico no país de acollida. Este tipo de emigración é moi atípica e infrecuente na década dos sesenta.

COMO QUEDA O MEU TEXTO?

A miña imaxe en branco e negro,  é dos anos 80 nos Estados Unidos. Aparecen catro persoas nun laboratorio médico. Ou iso penso, porque sei que traballan nun centro que estuda o cancro, ese mal que se espalla por todas partes e "do que morreu miña tía Pascualina" como di  un señor da radio.

Se nos fixamos en tantísimos tarros de medicamentos e outros produtos que nin sabería chamarlle que hai nas estanterías do fondo debe ser aí onde fan as súas investigacións. Dous xoves científicos españois traballando  nun país que investiga. Estou segura de que se foron porque aquí non tiñan esa posibilidade. É unha mágoa!. Se descobren algún tratamento ou menciña,ou...o que sexa, será noutro país, non no deles e nós teremos que pagar a patente

A foto non deixa de chamarme a atención porque ben se ve que é nun momento de lecer; rinse e non teñen a bata branca de laboratorio posta. Todos parecen estar animados e mostran boa camaradería; son colegas e tanto ten que sexas home ou muller. Porque un dos personaxes da foto é unha muller científica, que as hai, pero non pensedes que tanto. Sobre este tema habería moito que dicir pero non quero obrigarvos a escribir un libro.

E xa non falemos das perspectivas que ten a xuventude hoxe en día no campo da investigación! Mellor coller un avión para un país nórdico antes de poñernos cabreados.


Unha patente é un conxunto de dereitos exclusivos garantidos por un goberno ou autoridade ó inventor dun novo produto (material ou inmaterial) susceptible de seren explotado industrialmente.

domingo, 18 de marzo de 2018

O texto poético, II



Suxeito lírico, Eu lírico, falante poético...

🔎Quen fala nestes versos?

"Non lle digâs á Hermengario
qu' a sua Hildemira sofre:
co-as miñas penas non quero
que s' amarguen os seus goces.

     Así a reina de Galicia
ôs regatos bulidores
qu' os xardís d' o pazo regan
lles fala, tras d' unha noite
pasad' antre bagoas tristes
agardand' á quen non volve".





🔎 Descrición da raíña Hildemira (fragmento do poema):

"â reina, que pouc' á pouco
vaise tornand' un cadavre.
Arredor d' aquiles ollos
qu' eran luceiros brilantes
que com' a y-alma alumaban
con resprandores suaves,
hay un círculo de sombras
e de negra escuridade.
As rosas fans' azuceas
n-aquil hermoso sembrante
y-os beizos qu' eran tan roxos
coma preceados corales,
perden color e frescura
en forza de suspirare,
y-antr' as crenchas d' ouro puro
qu' olran a frente d' anacre
tecen as penas algunhas
frebas de prata brilante."

🔎Responde a estas cuestións:

  1. Cal é o tema deste fragmento?
  2. Que figuras literarias recoñeces?
  3. Hai algún tipo de rima?Explícao.
  4. Cantas sílabas teñen a maioría dos versos?
  5. Busca no dicionario RAG sa seguintes palabras; copia o seu significado e os sinónimos se os hai:
              nácara, febra, crencha (crecha), beizo, orlar





luns, 12 de marzo de 2018

No mes de marzo, o texto poético.

Páxina  de bullet journal
Queridos alumnos seguimos traballando o texto poético e farémolo cunha poesía de Filomena Dato Muruais.

Texto en pdf para descargar. Convén telo en papel para facer apuntamentos.

  • Plan previsto para a realización do bullet jornal:





Para documentarse: clica nos enlaces.

📌 Ficha da autora na BVG


📌Filomena Dato no Álbum de Mulleres

📌 Na Galipedia


O ROMANTICISMO



📃 Van avanzando os vosos traballos:






martes, 6 de marzo de 2018

Nova proba!


Queridos alumnos, mañá temos unha nova proba, desta vez escrita. Que non cunda o pánico! Sabedes máis do que pensades! Só se pide un pouco de lectura atente deste post e xa veredes como todo vai ben.

Nesta proba entrará:

  • Algo do trimeste pasado: o apartado de "A España Plurilingüe"(páxs 104 e 105) Tedes un vídeo neste blog se buscades nas etiquetas "España plurilingüe".
  • A acentuación, especialmente os diacríticos . Nas Actividades de reforzo e ampliación do tema 4 tedes varios exercicios (páx. 90-91 )
  • O léxico do corpo humano. Revisade o mapa visual no voso caderno.
  • Pedirásevos unha descrición. Convén ler as páxinas 98 e 99 do libro de texto para coller modelos ao igual que a lectura da aula Congreso de meigas tiña descrición de persoas.Nas páxinas de léxico "O corpo humano" xa vistes numerosos  adxectivos que serven para as descricións e sabedes facer comparacións. Se tedes dúbidas hai dous vídeos moi curtos sobre a descrición na entrada anterior.
  • O pronome persoal. Atención aos exercicios feitos na aula e aqueles exercicios sobre o pronome que se propoñen nas páxinas 90 -91.

A descrición.


mércores, 21 de febreiro de 2018

Nova tarefa: recomendamos ler un poema de Rosalía.


Estudamos estes días dúas técnicas da escrita como son o subliñado e o resumo. 

💻 Imos aplicar estas técnicas a un texto poético : un poema de Rosalía de Castro, preferentemente de Follas Novas e buscarémolo en primeiro lugar no libro V "As viúdas dos vivos e as viúdas dos mortos". Tamén pode ser de Cantares Gallegos.

🔎 Como buscar e como editar o texto poético?



👉 Que se pide ?

1. Enviar un documento de Oficce co texto seleccionado, indicando título, libro ao que pertence, subliñado e ben editado. Explicaranse os cambios que se fixeron en canto á lingua (castelanismos, vulgarismo,...) e que léxico se buscou. Ademais aparecerá o resumo do texto que fixestes seguindo as instrucións. 

A data tope para o envío será o venres 23 ata as 12 da noite salvo causas xustificadas que se me comunicarán. 

💻Como envío este documento?
Nun correo electónico a sabelaals@gmail.com como arquivo adxunto:



2. Enviar un vídeo que gravaredes por parellas ou individual que non pase dos 4 minutos (3 se é individual) recomendando ler o poema que traballastes. Tamén podedes facer unha dramatización  do poema, recitalo, explicalo,...
  • O formato será MP4
  • Compartirédelo comigo en Drive ou gardarédelo nun Pen Drive (abreviación común de Memoria USB)
  • Recomendaredes ler o poema eplicando os motivos da vosa elección, etc. Trátase de que sexades creativos e que manteñades a corrección lingüística, claro. Para iso é fundamental a boa comprensión do poema.
  • Entregaranse o luns,  26 de febreiro.
👉 Exemplos:
  1. Documento editado  por Cristina e Belén de 1º D.Clica no enlace.
  2. Vídeo  de Nerea e Laura de 1º B.


🔧 En breve subirei a rúbrica de avaliación. Para facernos unha idea, utilizamos na aula a seguinte rúbrica de Pilar Ponte A Profa do IES da Pobra do Caramiñal tendo en conta que fan recomendacións lectoras de libros.