Velaquí tedes 4 xogos do Portal das Palabras con léxico da cociña.
Xogo 1: Utensilios de cociña.
Xogo 2: Para usar na cociña.
Xogo 3: De andar pola casa
Xogo 4: Todo queda na casa
Xogo 5: Para abrir
1º Reto da casa
Entre as catro persoas que formades o grupo, tedes que conseguir completar os 5 xogos cun 100% de acertos. Podedes xogar o número de veces que precisedes.
Cando consigades o 100% de acertos nun dos xogos, a persoa voceira deberá chamar á voceira doutro grupo para que o certifique mirando a pantalla e escribirá na vosa folla de seguimento “o número do xogo”, ao seu carón a palabra “superado” e a súa sinatura.
2º Reto da casa
Na última sesión de clase da semana do 18 de decembro, 2 persoas de cada grupo deberán ser capaces de superar 1 xogo elixido pola profesora de entre os 5 que aparecen nesta entrada. Cada equipo só terá unha oportunidade para superar o xogo (admitirase un número máximo do 2 erros para conseguir o obxectivo).