Deixo aquí unha presentación sobre o texto narrativo para que lle botedes unha visual e poder falar do tema na aula. Lede con atención.
martes, 28 de novembro de 2017
martes, 21 de novembro de 2017
Cuestionario de preavaliación.Lectura. A señorita Bubble.
Queridos alumnos, mañá temos a proba de lectura. Aquí vos deixo un cuestionario do libro para que fagades secuencias de lectura máis atentas. (Pódese subliñar!); así que o cubrades tedes que darlle a enviar.
Etiquetas:
1ª AVALIACION,
1º ESO,
A señorita Bubble,
Cuestionario,
Lecturas
martes, 14 de novembro de 2017
Unha proba de avaliación. Temas 1 e 2 (Incompletos)
Para todas e todos aqueles que pasan polo blog de aula antes do exame. Nunca defrauda!
luns, 6 de novembro de 2017
O substantivo. A voltas cos mapas visuais.
⇒ Queridos alumnos, quero volver a tratar o tema dos mapas visuais agora que estamos estudando o substantivo e o adxectivo. Estades facendo o mapa visual do xénero no voso caderno e desexo que iso vos sirva para unha aprendizaxe duradeira e non mera "chapatoria" para uun exame.
⇒ Os mapas visuais hainos que facer en distintas etapas, poñéndolles interés e amor para que a aprendizaxe sexa significativa.
⇒ O primeiro paso. Hai que ter o texto sobre o que facemos o mapa visual. Sen iso non podemos facer nada, salvo copiar o que fai outro e non servirá de nada: acabas o mapa e non sabes nada. O texto lese ben e sublíñase.
⇒ Planificación. É conveniente facer un borrador no caderno no que vexamos as ramas que imos tirar do punto central que é o tema.
⇒ Pasos. O mapa visual vai avanzando a lapis, despois rotulamos o lapis (a cor debe deixarse para o final)
⇒ O TEXTO O mapa vai mellorando coa rotulación e a cor. A escrita debe ser coidada, lexíbel. Inda así, sempre hai erros. Atopades o meu fallo? Non virei o folio e escribín por debaixo da liña, co cal o presidente e a presidenta quedaron patas arriba!!
Etiquetas:
1ª AVALIACION,
1º ESO,
Mapa visual,
O substantivo
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)